O candidato popular Rubén Lorenzo, cabeza de lista en Carballo, vén de lanzar unha das propostas concretas do seu programa. Un programa que coñeceremos nos vindeiros días, unha vez presentada a lista completa da súa candidatura.
Esta proposta ten como eixo a mobilidade e destacan nela dous puntos, o primeiro relacionado coa apertura das vías estructurais correspondentes a rúas como Perú, Luis Calvo ou Vila Negreira, o segundo punto, moito máis ambicioso recolle o compromiso dun plan de mobilidade racional e que responda ás demandas da veciñanza. Nesta proposta faise constar, explícitamente, a recoñecida necesidade da circunvalación como factor fundamental na desconxestión do tráfico na vila carballesa. Baixo o lema “Un novo Carballo é posible” os populares preséntanse como única alternativa ao goberno de Evencio Ferrero, dispostos a recuperar a alcaldía de Carballo.
14