Un novo confinamento obrigaría ao 70% dos autónomos a pechar ou despedir


Un novo escenario de confinamento poñería contra as cordas á gran maioría dos autónomos. Segundo o V Barómetro realizado pola Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA), esta situación obrigaría a máis do 70% dos traballadores por conta propia enquisados a reducir o seu persoal ou mesmo pechar definitivamente o seu negocio.

Esta quinta enquisa de ATA pretende sacar á luz o ánimo dos traballadores por conta propia nun contexto de pesimismo, cun aumento diario do número de contaxiados por COVID-19 e coas novas restricións impostas a determinados sectores tanto polo Ministerio de Sanidade como por parte dalgunhas comunidades autónomas. O presidente da Federación, Lorenzo Amor, catalogou a situación na que nos atopamos de “extraordinaria”, polo que os autónomos tamén “necesitan de medidas extraordinarias”.