Un novo telescopio mostra o Sol como nunca antes visto


Cunha apertura de catro metros, este telescopio solar é o máis grande do mundo e acaba de poñer en marcha a súa maquinaria. A tecnoloxía detrás deste potente aparello permitiu que coñezamos a nosa estrela un pouquiño máis de preto: publicáronse as imaxes de maior resolución da superficie solar xamais tomadas, que revelan detalles sen precedentes.