Para mellorar as estratexias de saúde pública e vacinación, un grupo internacional de científicos, entre eles varios españois, desenvolveron unha proba para coñecer a inmunidade celular. Ata o de agora só tiñamos idea dunha parte da nosa protección fronte ao COVID-19, os anticorpos, e este test vai permitir que saibamos tamén como está de linfocitos T de memoria a poboación xeral. Antes só se facía en centros contados e a tarefa era complexa. O avance vai ser fundamental para establecer políticas de saúde pública, políticas futuras de vacinación ou poder seleccionar que tipo de pacientes deben illarse, ademais de cales deben recibir máis doses de vacina.