Un novo vial eliminará o tráfico pesado do centro de Boiro

1 minutes read

A actuación suporá a execución dunha nova variante que permita desviar o tráfico pesado evitando así que se concentre no centro urbano de Boiro. Para buscar unha solución estudáronse tecnicamente tres alternativas moi similares que se diferencian, fundamentalmente, na intersección coas estradas provinciais. A obra consistirá na execución dunha vía de 950 metros de lonxitude que une entre si as estradas que van de Boiro a Cabo de Cruz e de Boiro a Abanqueiro. A variante contará cunha plataforma de 9 metros de ancho, con dous carrís de 3,5 metros cada un e beiravía de 1 metro. A proposta inclúe tamén a execución dun carril bici de 2,5 metros de ancho, ademais dunha mediana que o vai separar do carril de circulación e no que se vai colocar o alumeado. Para a intersección desta vía coas outras estradas estúdase a opción que contempla a execución de glorietas en ambos casos, axudando a unha mellor regulación do tráfico. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, foron os encargados de presentar o proxecto desta variante.