Un operario dunha orquestra ferido ao caer desde unha altura de catro metros en Bóveda

Un traballador dunha orquestra resultou ferido na madrugada deste luns despois de caer dun camión desde unha altura de catro metros en Bóveda. Os feitos sucederon nas proximidades da casa do concello, ao fío das 6:10 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido e, nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil. Finalmente, o operario foi trasladado ao Hospital de Monforte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha