25
Un operario perdeu a vida na tarde deste martes como consecuencia dunha caída no interior dun cortello na localidade luguesa de Friol, concretamente no barrio de Penalba. A vítima, traballador da granxa desde había algúns anos, caeu no interior das instalacións tras sentirse indisposto. O aviso deste accidente laboral ao 112 Emerxencias facilitou a activación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e de efectivos da Garda Civil, do GES de Friol e de Protección Civil. Polo momento non hai máis información sobre este incidente.