Un operario falece na Coruña ao caer desde un andamio

0 minutes read

Un operario perdeu a vida este xoves na Coruña logo de caer desde un andamio situado a seis metros de altura.

Os feitos sucederon na rúa Martinete, ao fío das seis e cuarto da tarde. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do suceso.

Nada máis ter coñecemento do accidente laboral, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local e Nacional.

Xa no lugar da caída, os servizos sanitarios, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida ao operario.