Un operario falece tras sufrir unha caída desde un camión en Boiro

Arquivo.

O suceso tivo lugar no polígono industrial da vila ao fío das doce do mediodía deste luns, un particular púxose en contacto co 112 Galicia para solicitar asistencia médica para un compañeiro de traballo que acababa de sufrir unha caída dende un vehículo. 

Inmediatamente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertouse ao persoal sanitario, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro.

Xa no lugar dos feitos, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 tan só puideron certificar o falecemento do operario.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha