Un traballador do estaleiro vigues Cardama morreu este xoves nun accidente laboral. O home caeulle enriba un bloque de aceiro de grandes dimensións e faleceu no momento, sen que bombeiros e servizos sanitarios puidesen facer nada pola súa vida. O operario era un peón de 42 anos que participaba na descarga dun camión, momento en que ese pesado bloque de metal lle caía enriba. Os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo, da Policía Nacional, da Garda Civil e da Autoridade Portuaria. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do operario.