Un operario faleceu en Vimianzo ao caerlle encima unha viga

0 minutes read
Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Os feitos sucederon na rúa do Vilar, ao fío das cinco e cuarto da tarde deste venres. Nese momento, o 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, unha vez no lugar do accidente, a pesar dos esforzos, nada puido facer por salvarlle a vida ao operario de 43 anos e veciño de Arteixo. Cómpre salientar que desde o CIAE 112 Galicia informouse á Garda Civil, aos Bombeiros de Cee e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo.