Un operario ferido ao caer dunha escada en Betanzos

112 Emerxencias

Un home resultou ferido durante a mañá deste luns en Betanzos ao caer dunha escada mentres traballaba a unha altura de catro metros. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o operario foi trasladado nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Os feitos sucederon nas Cascas, ao fío das 9:35 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Nada máis ter coñecemento, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.