Un operario que estaba a manipular unha bombona de butano nun piso en Cambre resultou ferido ao producirse unha deflagración procedente do recipiente.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, no momento da explosión, a bombona atopábase nunha zona externa da vivenda, concretamente nun balcón, e non se produciu incendio. Iso si, debido á deflagración, romperon uns cristais na galería.
Os feitos sucederon nun inmoble no paseo marítimo de Cambre, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia. Axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo e de Betanzos, á Garda Civil, á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil e á empresa subministradora do gas.
O operario ferido foi trasladado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.