Un operario feriuse nun brazo cunha motoserra en Oroso


O home resultou ferido cando tallaba unha árbore coa máquina, nunha leira de Oroso de Abaixo. O 112 Galicia recibiu a alerta dos feitos a través dunha persoa particular, ao fío das 10:15 horas deste sábado. Axiña, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado. Tamén, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil.