Un operario foi evacuado en helicóptero ao resultar ferido tras caer dunha escada en Vilalba

Helicóptero medicalizado

Un helicóptero medicalizado trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de Lugo. Ocorreu a escasos minutos da unha do mediodía deste sábado. Foi a esa hora cando o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, informaba ao 112 Galicia da saída da aeronave con base en Santiago de Compostela cara o lugar de Cabanamille, Belesar, no concello lucense de Vilalba, para trasladar a un home que caera dunha escada. Con estes datos, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil Municipal. Así, tras tomar terra no mesmo lugar, o ferido foi trasladado na aeronave ata o centro hospitalario.