Un operario perde a vida en Cabanas despois de golpearse coa póla dunha árbore

Imagen de una ambulancia del 061

  • Outro traballador tamén resultou ferido de gravidade en Verín ao caer dunha escaleira

Un operario faleceu este xoves ao mediodía ao recibir un golpe coa póla dunha árbore, mentres se atopaba traballando nunha zona de monte, no Lugar de Porcar, en Cabanas.

Foi un compañeiro quen alertou ao 112 Galicia que, de inmediato, solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do traballador.

Tamén foron avisados os Bombeiros do Eume e os axentes da Policía Local e a Garda Civil co fin de coñecer todos os detalles do accidente.

Ferido grave en Verín
Por outra banda, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro accidente laboral que se saldou cunha persoa ferida grave. Neste caso, foi un operario que estaba a retirar un farol no Camiño de San Gregorio cando caeu da escaleira que utilizaba. O golpe ocasionoulle lesións importantes, polo que foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha