O primeiro foi evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Pasadas as 12:40 horas deste luns, un particular alertou ao 112 Galicia dun traballador que caeu dun tellado no lugar da Pereira, en Vilamaior (Santa Comba). Ademais dos servizos sanitarios, neste operativo participaron a Garda Civil e o GES de Muros.
Outra persoa foi trasladada en helicóptero medicalizado tras ser golpeada por unha póla mentres cortaba leña en Abegondo
O accidente ocorreu nunha zona de monte no lugar de Beade (Abegondo), cando a persoa ferida estaba a cortar leña e recibiu o impacto dunha póla. Un particular contactou co 112 Galicia minutos despois das 10:30 horas deste luns para pedir axuda, sinalando que a implicada presentaba unha forte dor nas costas. Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago, da Garda Civil e de Protección Civil de Abegondo. Tras ser atendida no lugar dos feitos, a persoa foi evacuada na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.