Un operario sufriu queimaduras no rostro cando limpaba un depósito de gas en Cee

1 minutes read

O ferido estaba a realizar tarefas de mantemento nun depósito, mentres as lapas estendéronse á vexetación da zona. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos cando recibía a chamada dun particular que se atopaba no lugar de Vilar de Toba (Cee): un traballador que realizaba tarefas de limpeza e reparación nun depósito de gas acababa de sufrir queimaduras na cara. A continuación, segundo o mesmo alertador, o lume propagárase polo monte, polo que desde o 112 Galicia informouse con celeridade a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao persoal de Medio Rural, aos axentes da Garda Civil e a Protección Civil de Cee. A persoa ferida foi trasladada de urxencia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.