Un operario tivo que ser evacuado en helicóptero despois de sufrir un accidente en Sanxenxo

Helicóptero medicalizado

Esta tarde un operario tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado ata o Hospital Montecelo despois recibir un golpe mentres traballaba e quedar inconsciente. Os feitos tiveron lugar ás 16:00 horas, na parroquia de Padriñán, no concello pontevedrés de Sanxenxo.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir unha chamada dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que solicitaban axuda para coordinar o traslado en aeronave do traballador ferido.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, pasouse aviso ao GES de Sanxenxo e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha