Un parricidio conmociona a Alemaña

0 minutes read

Atopan os cadáveres de 5 irmáns, todos eles menores de 8 anos, no apartamento familiar na localidade de Solingen, no oeste de Alemaña. A policía sospeita da nai dos rapaces como presunta autora do multiple crime. A muller, de 27 anos, está en estado grave nun hospital tras ser atropelada por un tren, crese que por un intento de suicidio. Está baixo vixilancia policial. Outro dos fillos da muller foi atopado ileso en casa da avoa, que foi quen avisou a policía do terrible suceso, que abriu unha investigación sobre as causas da traxedia.