Un paseo polos espazos do Carballo de 1929 pechou o programa da Semana Europea da Mobilidade

Carballo foi unha das máis de 2.000 cidades de todo o mundo que participaron este ano na Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa da Unión Europea para promover medios de transporte sostibles. A capital de Bergantiños sumouse á iniciativa por cuarto ano consecutivo, cun programa que segue medrando en actividades e participación. Este ano contou coa colaboración dos clubs ciclistas Media Ducia, Monteneme e CCCarballo, Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo, Lumieira, Un paso máis, Senda Nova, Protección Civil, Policía Local, Turismo Carballo, entidades sociais, colexios e institutos.

No percorrido polo Carballo de fai 90 anos na mañá deste domingo, membros da A.C. Lumieira leron un manifesto e descubríronse dúas placas conmemorativas, unha na Ludoteca na memoria do doutor e filántropo carballés Desiderio Varela Puga, e outra na antiga Praza da Liberdade, oxe Praza de Galicia, en lembranza do Alcalde da época D. Guillermo Peinador Vega.

Placa da Ludoteca.
Placa da Praza de Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha