‘Un Paso Máis’ celebrará unha colorida Festa de Entroido para tódolos nenos e nenas de Carballo

1 minutes read

A Agrupación Deportiva “Un Paso Máis” anuncia con entusiasmo a organización dunha Festa de Entroido que promete encher de alegría e diversión aos nenos e nenas participantes. O evento terá lugar o día 13 de febreiro, de 17:00 a 19:00 horas, no Centro Social de Bértoa.

Esta festa, pensada especialmente para nenos e nenas, ofrecerá un ambiente animado e actividades pensadas para todas as idades. Os participantes poderán disfrutar dunha merenda festiva e, como agradecemento pola súa participación, cada un recibirá un detalle especial.

A singularidade de cada neno e nena será levada en conta nun esforzo por crear un ambiente inclusivo onde todos, sen importar as súas características persoais, poidan disfrutar plenamente do evento.

O Centro Social de Bértoa converterase nun punto de encontro para as familias e a comunidade en xeral, onde poderán compartir risas, disfrutar de música animada e, sobre todo, vivir a maxia do Entroido.

A Agrupación Deportiva “Un Paso Máis” convida a todos/as a sumarse a esta celebración e a compartir xuntos unha tarde chea de diversión e convivencia. A organización agradece o apoio da comunidade e espera que esta festa sexa unha oportunidade para reforzar os lazos e a inclusión entre os membros da súa querida veciñanza.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?