Un Pazo de Neda aposta por iglús para a terraza

1 minutes read

Permite sentar á mesa sen compartir comedor con máis clientes, e iso pode ser apetecible, mesmo neste momento no que a seguridade hixiénica e sanitaria son a prioridade. De feito, dende a inauguración destas cinco estruturas con forma de iglú, o Pazo da Merced colga o cartel de completo. O seu xerente asegura que en 48 horas cubriron as reservas para 15 días. Acristaladas ou de PVC, como son estas, as cúpulas para terraza son xa moi comúns nalgúnhas cidades europeas mesmo nos meses máis frios do ano. Cun investimento duns 3.000 euros en cada estrutura, a dirección do complexo hostaleiro non descarta instalar algunha máis dado o éxito de acollida.