Hai novas pistas sobre o paradoiro de Antonio Tuñas, o veciño de Mazaricos de 72 anos que desapareceu en decembro de 2022. Nas Paxareiras, no municipio de Carnota, despregouse un amplo dispositivo de busca, con voluntarios de Mazaricos e de Muros, dirixido pola Garda Civil de Noia e coa axuda de cans adestrados.
Un perigoso delincuente da zona, José Manuel Martínez Quintáns, alcumado Pandolo, podería estar detrás desta desaparición forzosa, que cadrou, precisamente, cun dos seus permisos penitenciarios. Daquela apareceu o coche de Antonio Tuñas na entrada de Carballo, xunto ao tanatorio Bergantiños.
Pandolo ten un amplísimo historial delituoso, pasou media vida na cadea e tamén o vinculan con outra desaparición en Culleredo. Estaba fuxido da xustiza e detivérono o pasado mes de xuño.