Unha persoa foi liberada do interior do seu vehículo despois de envorcar en Boborás

Axencia Galega de Emerxencias 112

Esta mañá os Bombeiros do Carballiño excarceraron a unha persoa que quedara atrapada no interior dun vehículo despois de envorcar, cando circulaba pola estrada de Cameixa, á altura da Granxa, no concello de Boborás.

Unha persoa particular dou o avisou ao 112 sobre as 08:15 horas, comunicando da posibilidade de que houbese persoas atrapadas dentro do turismo. De inmediato, os xestores do CIAE puxeron en alerta ademais de aos servizos sanitarios, aos Bombeiros do Carballiño e aos membros do GES de Avión. De igual xeito, informaron da situación á Garda Civil de Tráfico.

O ferido foi trasladado ata o centro hospitalario de referencia a través dun helicóptero medicalizado con base en Ourense.