O Helimer rescata a un pescador que caeu ao fondo dun cantil en Oleiros

1 minutes read

O ferido foi trasladado no helicóptero de Salvamento Marítimo con diversos traumatismos. Sobre a súa caída por un cantil na costa de Bexo, en Oleiros, informou ao 112 Galicia un compañeiro do ferido. Eran as 17:20 horas deste sábado cando efectuou a chamada de alerta e permitiu, desta maneira, a organización dun operativo de rescate, no que interviñeron os equipos de Salvamento Marítimo, os Bombeiros de Arteixo, os membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Oleiros, voluntarios de Protección Civil e, por suposto, Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

De feito, unha dotación de sanitarios trasladouse ao aeroporto de Alvedro, a onde chegou o helicóptero Helimer co ferido, que presentaba diversos traumatismos.

Cómpre dicir que este rescate foi posible por vía aérea, xa que o home atopábase no fondo do cantil e ameazado pola suba da marea. Así, a intervención dos rescatadores a bordo da aeronave de Salvamento Marítimo permitiu a recollida e traslado do ferido para a súa pronta atención sanitaria.

Este operativo contou, tamén, coa colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?