45
Unha traballadora da tenda Lefties deu positivo este mércores, pero tras atoparse mal xa non foi a traballar desde o pasado sábado. A Xunta de Galicia fala dun «caso illado», en principio sen conexión coñecida co rebrote do ximnasio de Arteixo. A empresa procedeu ao peche inminente e á desinfección do establecemento. Ademais activouse o protocolo de información ao persoal que estivo en contacto directo coa traballadora afectada, seguindo as normas marcadas polo Sergas en colaboración co propio centro comercial.