Un presunto acto vandálico incendiou unha atracción de feira en Camariñas

0 minutes read

Os feitos tiveron lugar ás 15:30 horas deste domingo nunha rúa da vila camariñá. Unha vez pasada a alerta polo 112 foron requeridos os bombeiros de Cee. Aínda que o inicio do lume foi extinguido por un voluntario de Protección Civil de Camariñas cun extintor de po non se puido evitar que afectase a parte das instalacións. Os bombeiros a súa chegada fixeron unha comprobación con cámara térmica que corroborou que a situación estaba controlada aínda que apreciaron sinais de que se tratase dun acto de vandalismo polo que foi requerida a presenza da Garda Civil.