A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP premia os mellores proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional cun investimento global de un millón de euros. Estes galardóns teñen como finalidade impulsar a calidade, a excelencia e a conexión co tecido produtivo, promovendo o traballo colaborativo entre centros educativos, empresas e outras entidades.
Na edición deste ano foron recoñecidas 45 iniciativas, nas que participan 30 centros como coordinadores, ademais doutros 45 centros colaboradores e 76 entidades asociadas. As propostas abarcan desde o deseño de materiais e recursos didácticos ata melloras tecnolóxicas ou científicas vinculadas a procesos produtivos reais. Tamén se inclúen actuacións para a orientación profesional do alumnado co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral e combater o abandono escolar. As especialidades máis presentes nos proxectos premiados son as de Transporte e mantemento de vehículos, Madeira, moble e cortiza, Electricidade e electrónica, e Hostalería e turismo.
A iniciativa enmárcase na Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030, que aposta pola innovación, a dixitalización e o emprendemento como eixes para transformar o modelo educativo da FP. Esta estratexia promove unha FP conectada coa realidade das empresas e adaptada aos cambios do mercado laboral, reforzando a colaboración público-privada como garantía de calidade.
Na Modalidade B, na provincia da Coruña, foi seleccionado o Proxecto Pin. Patimonio intelixente. Conservación e divulgación. Presentado polo IES Monte Neme de Carballo.
MODALIDADE A
Provincia da Coruña:
| Localidade | |
Provincia da Coruña | ||
CIFP Ferrolterra | Ferrol | AbeiroTec |
CIFP Ferrolterra | Ferrol | SCOUT Mobile |
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro | Ferrol | XesRes: Xestión de reservas en espazos compartidos |
IES de Melide | Melide | Patróns e modelos por corte láser e impresión 3D |
CIFP Politécnico de Santiago | Santiago | Diagnose avanzada do automóbil por termografía |
IES Lamas de Abade | Santiago | Deseño, elaboración e personalización de protectores bucais e dispositivos portátiles de desinfección |
CIFP Fraga do Eume | Pontedeume | Acuaponia Drink |
IES de Arzúa | Arzúa | Innovación e transferencia tecnolóxica/científica dos métodos de extracción de resina en Galicia |
Provincia de Lugo: | ||
CIFP Politécnico de Lugo | Lugo | brAInbot: Robot Colaborativo para Xogos de Estratexia con Intelixencia Artificial |
CIFP Politécnico de Lugo | Lugo | Cestaría e moble: Unindo tradición e deseño |
IES María Sarmiento | Viveiro | Metaverso e-Motion |
IES A Pinguela | Monforte de Lemos | Reutilización e valorización de residuos de cabelo para a extracción de biomateriais sostibles |
Provincia de Ourense: | ||
IES 12 de Outubro | Ourense | Rituais tripla fusión Cosmética, Galénica e Gourmet |
CIFP A Farixa | Ourense | Dixitalización na valoración física con acelerómetros e intelixencia artificial |
CIFP de Vilamarín | Vilamarín | Revolucionando a hostalería e o turismo mediante un modelo de economía circular integrando a tecnoloxía de impresión 3D. |
CIFP Portovello | Ourense | Smart Office 4.0 APP IA based |
Provincia de Pontevedra: | ||
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez | A Estrada | Natureza e Innovación: Taboleiros con alma sostible |
CIFP Montecelo | Pontevedra | EcoGlow Area |
MODALIDADE B
| | |
Provincia da Coruña: | ||
IES Monte Neme | Carballo | Pin. Patrimonio intelixente. Conservación e divulgación |
CIFP Ferrolterra | Ferrol | Estudo, deseño e construción dun kartcross eléctrico, ekart. |
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro | Ferrol | Simulación de xuízos baseados en evidencia informática para o adestramento de peritos |
CIFP Compostela | Santiago | Espazo virtual de adestramento didáctico dun espectrodensitómetro |
IES de Ortigueira | Ortigueira | OrtiSELFIE |
CIFP Ánxel Casal – Monte Alto | A Coruña | ResiTech |
Provincia de Lugo: | ||
CIFP Politécnico de Lugo | Lugo | Modelo intelixente para a didáctica de elementos estruturais de construción |
CIFP Politécnico de Lugo | Lugo | RumedSim: Simulador da central de esterilización ao servizo da Formación Profesional |
CIFP As Mercedes | Lugo | Learning in intelligent driving assistance systems |
Provincia de Ourense: | ||
CIFP A Carballeira- Marcos Valcárcel | Ourense | Plataforma de simulación háptica en realidade estendida para o adestramento en identificación de síntomas e lesións |
Provincia de Pontevedra: | ||
CIFP Valentín Paz Andrade | Vigo | Simulador VR de instalacións de refrixeración industrial con amoníaco |
CIFP Valentín Paz Andrade | Vigo | Deseño, mecanizado e inxección dun molde con cámara quente e secuencial para incorporalo a inyectora de plásticos |
CIFP Valentín Paz Andrade | Vigo | HYBRID3: Adestrador didáctico de tracción híbrida e eléctrica |
IES de Vilalonga | Sanxenxo | O Parque Micolóxico: un espazo gastrodidáctico |
CIFP Audiovisual de Vigo | Vigo | Arquivo Educativo Audiovisual Galego (AEAG) |
CIFP de Cantería de Galicia | Poio | Procesos artísticos e técnicos na vosa man (PAT APP) |
MODALIDADE C
| | |
Provincia da Coruña: | ||
CIFP Fraga do Eume | Pontedeume | InnovAPP |
Provincia de Pontevedra: | ||
CIFP Manuel Antonio | Vigo | Transforma os teus intereses na túa profesión |
CIFP Carlos Oroza | Pontevedra | As portas do Oroza. O futuro profesional á túa medida |