- O cadáver da vítima foi atopado con sinais de violencia
Este luns, axentes da Garda Civil de Foz (Lugo) detiveron a un mozo menor de idade como presunto autor da morte da súa nai.
O mozo foi detido arredor das 12:30 horas e os axentes atoparon o cadáver da vítima na súa vivenda. Ao producirse o asasinato no domicilio compartido pola vítima e o detido, a Garda Civil aclarou que se trata dun delito de violencia doméstica.
Foi un particular o que alertou que un rapaz con indicios de ser menor de idade se atopaba nun parque de Foz coa man ferida. Ao parecer, o rapaz indicoulle á este particular que fixera algo e que fora ó centro de saúde para curar as feridas.
Polo de agora estase a investigar o asasinato do que é sospeitoso o fillo da vítima, a cal foi atopada con sinais de violencia.
O instituto de Foz convocou para mañá martes ás 11:30 unha concentración silenciosa en repulsa polo crime da muller, que era alumna do ciclo superior de Dirección de Cociña.