Un relato sobre Culleredo gaña o premio ‘Hoxe escribo en’


“As pedras do Xalo”, de Verónica Eva Pérez Calvo, é o título do relato gañador do premio. Está ambientado en Culleredo e foi seleccionado por un xurado composto por persoal técnico da Biblioteca e da área de Turismo, presidido polo vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira. A gañadora do concurso recibirá como primeiro premio unha estadía de dúas noites para dúas persoas nun establecemento do tipo cabanas de turismo rural na provincia da Coruña. O obxectivo da convocatoria é o de premiar a creatividade e promocionar os recursos turísticos dos concellos da provincia da Coruña. Para participar era preciso redactar un relato e adxuntar unha fotografía, ambientados ou referido a un concello en particular e que podía estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición, cun persoeiro destacado ou mesmo cos recursos naturais, culturais ou medioambientais do territorio que convide a animar a visitalo.