Un Ribeira Sacra gañou o concurso competindo con 400 viños italianos


Competía con 400 viños de 109 adegas italianas. A votación popular foi clara e quen probaron o viño non dubidaron en proclamalo gañador.

Na Pobra do Brollón, están as videiras centenarias das que saen as uvas para facer o viño. De feito son as cepas máis antigas da Ribeira Sacra. O traballo na zona é moi dificultoso polo que a produción é reducida. Tanto é así que do viño gañador tan só se elaboraron 1.260 botellas. Agora o premio fixo que a demanda se disparara pero os adegueiros non pensan cambiar os métodos de traballo.

Esta adega traballa só unha hectárea e media de terreo, o que da proba de que os pequenos produtores tamén poden competir a base de calidade.