Un robot accede aos restos do Villa de Pitanxo en Terranova, pero non atopa nada

1 minutes read

O Robot submarino que descendera este sábado para comprobar se a estrutura metálica localizada polo buque ‘Ártabro’, que se encarga da misión de procura, localización e inspección do pecio do Villa de Pitanxo, confirmou que se trata do pesqueiro galego que naufragou en febreiro de 2022 en augas de Terranova. Tras esta confirmación, o seguinte labor do operativo despregado polo Ártabro será a gravación do pecio «de cerca» para tratar de esclarecer que ocorreu o 15 de febreiro de 2022, cando o naufraxio do Pitanxo acabou coa vida de 21 dos 24 mariñeiros a bordo. A inspección do barco servirá de proba para o caso.

As familias dos mariñeiros desaparecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo en febreiro de 2022 en augas de Terra Nova confirmaron á última hora deste domingo que desde o Canadá os informaron de que a expedición do Ártabro rematou os seus traballos e que non puideron localizar ningún dos corpos dos mariñeiros galegos desaparecidos, pero que xa teñen todas as imaxes precisas para a investigación xudicial aberta en España por este caso.