Un sexaxenario perde a vida na Praia da Marosa, en Burela

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia, ás 11:30 horas da mañá deste martes, para informar dun bañista con dificultades para saír da auga, a causa da forte ondada que nese momento se rexistraba no mar.

Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o varón puido ser rescatado da auga e, malia aos esforzos dos servizos de emerxencia desprazados ata o lugar dos feitos, nada se puido facer por salvarlle a vida.  

Desde o 112 Galicia, nada máis recibir a chamada de alerta, pasouse aviso aos membros de Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e á Protección Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha