Un somalí de 24 anos mata polo menos a tres persoas e deixa varios feridos en Alemaña


Polo menos tres persoas morreron e varias resultaron feridas por apuñalamento na cidade alemá de Würzburgo, unha rexión ao norte de Baviera. O presunto atacante, un somalí de 24 anos, foi detido despois de que a policía lle disparase nunha perna e aseguraron que xa non hai perigo algún para a poboación nin indicios de que o autor do ataque tivese cómplices. “O ataque é obra dun somalí de 24 anos que matou a tres persoas e feriu a outras, algunhas de gravidade. O home que vive en Würzburg foi alcanzado por unha bala da policía, pero a súa vida non corre perigo”, indicou a policía en Twitter.