«Un telonero moi Caballero»

1 minutes read

Ninguén pregonea nin telonea como el, cando el fala o mundo párase, cando el canta o mundo brilla, cando el baila o mundo treme… Que se prepare a NASA, porque o resto dos mortais xa estamos preparados. Abel Caballero fixo de teloneiro de Lauryn Hill ante miles de persoas no concerto de Castrelos, a artista atrasouse un pouquiño, pero non pasa nada, aí estaba Abel que é unha monada. E este martes chega a quenda da voz máis sexy do universo -Tom Jones- e contamos co mellor teloneiro do planeta, Abel o da chaqueta. Que se prepare o alcalde de Nova York. Ah! veremos en breve a Corina Porro bailar o swish swish?.