O Coruxo afrontou o duelo co ánimo de remontar a súa puntuación na clasificación, viña de sufrir unha derrota por 1-0 no encontro anterior ante o Leganés B. Con respecto ao Bergantiños, tamén chegaba de ser derrotado por 1-2 no último partido que disputou fronte á Ximnástica Segoviana.
Un solitario e temperán gol de Youseff aos 49 segundos de partido, deulle a vitoria ao Coruxo fronte a Bergantiños, que tivo as súas ocasións, pero sen acerto. Con este resultado o Coruxo durmirá en postos de fase de ascenso. O marroquí Youseff aproveitaba o pase de Garci para inaugurar o marcador en O Vao. No primeiro tempo o cadro vigués dominou o partido con claridade e puido marchar o descanso con maior vantaxe.
Tras o descanso ese dominio desapareceu e o partido rompeu, Antón Escobar acariñou o empate nunha ocasión. Xa nos últimos minutos houbo moitas interrupcións, froito da propia tensión da importancia do partido. Álex Ares non foi quen de sentenciar e Escobar tivo na súa cabeza rabuñar un punto para o Bergantiños, pero non puido ser.
Ao final, triunfo do Coruxo que depende do que faga o Leganés B para finalizar a xornada en postos de play-off. A próxima xornada o rival do Bergantiños será o Unión Adarve, que é segundo clasificado na xeral.
