Un terremoto causa varios mortos en Turquía e Grecia


Un terremoto sacudiu as costas do mar Exeo deixando polo menos 700 feridos e 19 mortos, dous deles na illa grega de Samos e os 17 restantes na provincia turca de Esmirna, onde se derrubaron uns vinte edificios.

A cifra de vítimas probablemente aumentará, xa que os equipos de AFAD, o servizo de emerxencias de Turquía, axudados por helicópteros e aeronaves non tripuladas, continúa o labor de procura e rescate de numerosos cidadáns que seguen atrapados baixo os cascallos, segundo informou o servizo na súa web.

O sismo, de 6,8 graos de magnitude e con epicentro no mar Exeo, produciuse ao 11.51 GMT e sentiuse en todo o Exeo e na maior parte de Grecia, así como en grandes zonas de Turquía occidental.