Un terremoto de magnitude 5,6 sacudiu este luns a provincia de Xava Occidental, que é a máis poboaba do país con case 50 millóns de habitantes. Segundo os datos oficiais, o fenómeno natural deixa polo menos 260 mortos e centenares de feridos, ademais de importantes danos en residencias e infraestruturas. O tremor deuse nun momento do día no que as escolas estaban abertas, motivo principal de que a maioría dos falecidos sexan menores. O gobernador de Xava Occidental, Ridwan Kamil, afirmaba «Ata esta noite aínda estaremos a detallar a porcentaxe, pero todos os informes sobre o terreo din que a maioría son nenos».
A Axencia de Meteoroloxía, Climatoloxía e Geofísica (BMKG) de Indonesia descartou o potencial para un tsunami. Tras o sismo inicial rexistráronse 25 réplicas en tan só dúas horas. Indonesia, cuns 275 millóns de habitantes, aséntase sobre o chamado Anel de Lume do Pacífico, unha zona de gran actividade sísmica e volcánica na que cada ano rexístranse uns 7.000 terremotos, a maioría deles moderados. En 2004, un terremoto de magnitude 9,1 provocou un tsunami que golpeou 14 países, matando a 226.000 persoas, máis da metade en Indonesia.