Un tiroteo en Louisville, EE.UU., deixa polo menos 5 mortos e 8 feridos

1 minutes read

O suceso ocorreu na cidade de Louisville, no estado de Kentucky, durante a mañá deste luns na sede dun banco do centro. O subxefe do Departamento da Policía Metropolitana de Louisville, Paul Humphrey, dixo á prensa que os axentes que chegaron ao lugar «atopáronse con disparos activos que seguían producíndose dentro do banco nese momento». A policía local intercambiou disparos co presunto tirador, o cal morreu mentres tentaban neutralizalo. Polo momento, non deron máis detalles. O gobernador de Kentucky, Andy Beshear, acudiu ao lugar dos feitos. O alcalde da cidade, Craig Greenberg, pediu aos cidadáns que se mantivesen afastados desta zona. O edificio atópase onda Slugger Field, o campo de béisbol do equipo local, os Louisville Bats, unha das zonas máis concorridas desta cidade situada na fronteira de Kentucky con Indiana e na que viven unhas 630.000 persoas.