Un tornado provocou danos materiais en Oza-Cesuras

Por fortuna, ningunha persoa resultou ferida neste suceso rexistrado no lugar de Penabelá, en Rodeiro. O 112 Galicia tivo constancia destes feitos dez minutos despois das 14:30 horas deste luns, cando un particular chamou explicando que o vento levara por diante os tellados da súa casa e do garaxe, danando tamén o seu vehículo.

Pouco despois, outro alertador comunicaba feitos similares, describindo danos no tellado doutra vivenda.

Desde o 112 Galicia informouse aos axentes da Garda Civil, aos técnicos da empresa subministradora da rede eléctrica e aos Bombeiros de Betanzos, que levaron a cabo diversas intervencións pola zona, e que confirmaron que o vento tirara máis dunha ducia de árbores de grandes dimensións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha