Un torneo de fútbol veterano, o día 26, antesala das Festas da Milagrosa de Carballo

2 minutes read

A Comisión de Festas da Milagrosa de Carballo deu a coñecer este sábado en rolda de prensa todos os detalles das actividades que compoñen o seu amplo progama neste 2023. O presidente, José Luis Barca Añón, foi o encargado de debullar os detalles das celebracións, que comezarán co VI torneo triangular de fútbol de veteranos o sábado 26 de agosto ás cinco da tarde no campo do Carral, en Sofán, entre os equipos Bergantiños, Deportivo Carballo e Atlético Milagrosa. O xoves 31, na pista polideportiva, detrás da Capela, proxectarase a película “Padre no hay más que uno 3”, protagonizada por Santiago Segura.

A centralización das celebracións recae este ano nos días 1, 2 e 3 de setembro, tal e como puntualizou Barca. O venres 1 ás 9 da noite terá lugar o pregón a cargo do veciño do barrio, Juán do Bodegón Alberto. A animación musical correrá a cargo da orquestra El Combo Dominicano e disco móbil LB. O sábado 2 orquestra Compostela e grupo Claxon, e o domingo 3 grupo La Bamba e Dj Giancarlo. Completarán o programa infinidade de actividades máis, destacar unha gran sardiñada ( con 500 quilos de sardiña) o sábado ás 14:30, así como a elaboración das tradicionais alfombras. Ademais, tal e como explicou o presidente, este ano haberá unha gran carpa no campo da festa que servirá para facerlle fronte a posibles inclemencias meteorolóxicas, ben sexan de moito sol ou de unha posible choiva.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?