Un traballador de 65 anos faleceu logo de caer desde unha altura en Mos

Imagen de archivo de una ambulancia del 061

O suceso tivo lugar pasadas as tres da tarde deste mércores na localidade pontevedresa de Mos mentres traballaba en altura nunha vivenda.

Segundo fontes da Garda Civil, o home estaba no alto dunha escaleira de metro e medio e traballaba xunto a outro operario na parroquia de Sanguiñeda.

De momento, e á espera da autopsia, descoñécese se o home faleceu antes de caer da escaleira por causas naturais ou se o fixo despois de precipitarse por mor dalgún golpe.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, GES de Mos e a Garda Civil, pero nada se puido facer pola vida do traballador.

Related posts

Perde a vida tras caer coa moto na que practicaba en Nogueira de Ramuín

Morren dúas persoas na provincia de Pontevedra, nun accidente laboral en Covelo e atropelada no Campañó

O Consello da Xunta aproba o decreto para que os PAC abran os sábados, domingos e festivos