Un traballador falece en Vigo tras caer desde a cuberta dunha nave

Ambulancia medicalizada

Foi un particular o que chamou o 112 Galicia sobre as 09:00 horas da mañá deste mércores para solicitar asistencia médica urxente para un operario que acababa de caer desde a cuberta dunha nave, na Rúa de Santa Tegra, en Teis, Vigo. Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e da Policía Nacional e Local, ademais do persoal da Autoridade Portuaria de Vigo. Con todo, pouco despois, os axentes de seguridade comunicaron o falecemento do traballador.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha