Un traballador ferido ao precipitarse dun tellado en Padrón

1 minutes read

Un operario foi trasladado en helicóptero despois de precipitarse do tellado no que traballaba. O accidente ocorreu na Escravitude, na localidade de Padrón.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos, ás 11:15 horas da mañá deste luns. O alertante solicitaba asistencia para un traballador que sufrira unha caída desde unha altura e que estaba inconsciente.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, debido á gravidade das lesións do operario, mobilizaron ao helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o punto.

Tamén foron informados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o GES de Padrón, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Finalmente, os membros do GES confirmaron que o ferido foi evacuado na aeronave ata o Hospital Clínico de Santiago.