Un traballador ferido nunha caída nun taller de Negreira tivo que ser trasladado en helicóptero

Helicóptero medicalizado

O traballador caeu dende unha altura duns tres metros e foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago en helicóptero medicalizado. Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que comunicou ao 112 Galicia, ás 11:30 horas da mañá deste sábado, a caída dende unha altura considerable dun operario que se atopaba traballando nun taller da Areeira, en Santa Baia de Logrosa (Negreira). Tras valorar a gravidade das circunstancias, os servizos sanitarios confirmaron que enviarían o helicóptero medicalizado con base en Santiago. A aeronave chegou rapidamente ao lugar, procedendo a trasladar ao ferido ao centro hospitalario. Tamén acudiron axentes da Garda Civil e da Policía Local de Negreira.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha