Un traballador perdeu a vida tras caerlle un ferro enriba en Santa Comba

Aconteceu no Busto, na parroquia de Santa Sabiña. O 112 Galicia foi coñecedor deste accidente mediante un particular, arredor das 13:20 horas deste mércores. Polo que indicou o alertador, a un traballador caéralle un ferro enriba, aínda que non se atopaba atrapado. Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, á Garda Civil e á Policía Local. Os servizos de emerxencias trataron de reanimar á vítima, aínda que só puideron confirmar o seu falecemento.

Related posts

Cine, teatro e contacontos: a programación cultural de Cerceda para o mes de xaneiro

A Deputación da Coruña impulsa a creación da Compañía Teatral Galega de Bos Aires

A Deputación da Coruña leva aos institutos da provincia a obra teatral “Papel 2.0” para previr o acoso escolar