Un tren de borrascas encadeadas deixa varias incidencias na comarca

Choivas intensas e vento forte con rachas superiores aos 120 quilómetros por hora provocaron caída de arbores e cortes de luz en distintos puntos da Costa da Morte, foron as incidencias máis salientables por causa das inclemencias meteorolóxicas provocadas pola borrasca explosiva Amelie. Ademáis desprendementos de trozos de cubertas ou fachadas en algúns edificios obrigaron a intervir aos bombeiros de diferentes parques da zona, entre as que figuran a retirada de cascotes no centro urbano de Carballo, nun edificio da rúa Desiderio Varela, entre outros, e tamen retirar arbores da estrada nas parroquias próximas do concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha