Un tren queda avariado na estación de Santiago por unha explosión causada por pombas

112 Emergencias

  • As pombas pousadas no tendido eléctrico causaron algunas explosións debido a un aumento da tensión

Unha avaría na catenaria dun tren provocou que este quedase parado na estación de Santiago de Compostela, sen que ninguén resultase ferido.

Os técnicos de Adif-Renfe sinalaron que a orixe da avaría foi unha subida de tensión que puido producirse polo arco eléctrico formado por dúas pombas pousadas no tendido eléctrico. Esta situación ocasionou algunha explosión e caída de cables, tal e como explicaron as persoas que, alarmadas, chamaron ao 112 Galicia uns minutos antes das dez desta mañá.

No operativo participaron os servizos de Emerxencias 112, os Bombeiros de Santiago, os axentes da Policía Nacional e Local e os voluntarios de Protección Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha