Un turismo bate contra uns postes de teléfono e electricidade en Laxe | Un ferido

Imaxe dunha ambulancia 061

Un turismo saíuse da vía e levou por diante uns postes de teléfono e da rede eléctrica no lugar de Traba. Unha persoa necesitou asistencia médica debido ás lesións provocadas polo golpe. Deste maneira, solicitouse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do GES de Ponteceso e dos voluntarios de Protección Civil da localidade para dar apoio ao equipo médico. Igualmente, foron avisados os técnicos das empresas subministradoras dos servizos de electricidade e telefonía para a reparación dos danos.